Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ano tráxico nas estradas de Xermade, con seis falecidos en cinco accidentes

A última vítima mortal circulaba en bicicleta pola LU-861
Félix Aragunde 08/09/2025 13:52

Cando aínda faltan catro meses para que remate, o 2025 evidenciouse xa como un ano negro na rede viaria que discorre por Xermade. Nun total de cinco accidentes rexistrados ata o momento, faleceron seis persoas. O último sinistro tivo lugar na estrada autonómica LU-861 o venres pasado, cando un ciclista vilalbés de 65 anos foi atropelado na mesma estrada con escaso tráfico onde en maio finara unha moza de 27 anos.

"Foron, sobre todo, xente moi nova. É duro chegar a un accidente e ver unha persoa nova que acaba de falecer cando tiña todo por diante", subliña José Prieto, responsable de Protección Civil de Xermade. 

Os outros tres accidentes mortais rexistráronse na estrada autonómica LU-540, que une A Terra Chá con Viveiro. No primeiro, xa en xaneiro, morrera unha parella de veterinarios, aos que seguiron polo verán, en senllos sinistros en xullo e agosto, dous menores de 30 anos.

Ademais de custaren media ducia de vidas, os accidentes mortais rexistrados este ano tráxico en Xermade remataron tamén con cinco persoas feridas de gravidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade