Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre atropelado un ciclista vilalbés en Xermade

Morre atropelado un ciclista vilalbés en Xermade

Ao parecer foi alcanzado por un vehículo que realizaba unha manobra de adiantamento

O sinistro tivo lugar na parroquia de Candamil, na estrada LU-861 O sinistro tivo lugar na parroquia de Candamil, na estrada LU-861
G24.gal 05/09/2025 12:03

Un ciclista faleceu este venres logo de sufrir un atropelo no quilómetro 9 da estrada LU-861, no concello lugués de Xermade. Foi concretamente na parroquia de Candamil, na vía que conecta coas Pontes.

Ao parecer, o ciclista foi alcanzado por un vehículo que realizaba unha manobra de adiantamento.

O falecido, veciño de Vilalba, circulaba acompañado por outro ciclista.

 

O falecido circulaba acompañado doutro ciclista O falecido circulaba acompañado doutro ciclista

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico e AVPC de Xermade. O 112 recibiu o aviso as 11:20 da mañá.

Imaxe da bicicleta en que circulaba o falecido Imaxe da bicicleta en que circulaba o falecido

O sinistro produciuse nunha zona pola que transitan a diario numerosos afeccionados ao ciclismo, e de feito hai sinais que advirten diso os condutores.

Trátase do quinto sinistro mortal que se produce neste concello lugués de Xermade só no que vai de ano, cun balance de seis falecidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade