Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigado un condutor que fuxiu tras atropelar e deixar grave un ciclista no Pino

Investigado un condutor que fuxiu tras atropelar e deixar grave un ciclista no Pino

Como consecuencia do impacto a vítima sufriu lesións graves

O condutor está acusado dun delito contra a seguridade viaria

Garda Civil Garda Civil
G24.gal 13/03/2026 09:59

A Garda Civil investiga un condutor como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria, tras fuxir despois de verse implicado nun accidente de tráfico no que un ciclista resultou ferido grave.

Os feitos ocorreron no concello coruñés do Pino o pasado 6 de decembro de 2025, no quilómetro 86,800 da N-547. O coche colidiu contra a bicicleta causandolle lesións graves ao ciclista. Tras o impacto, o condutor abandonou o lugar do sinistro.

O Equipo de Investigación de Sinistros (EIS) do destacamento de Tráfico de Santiago abriu unha investigación, e os axentes inspeccionaron o lugar do accidente, recollendo algúns restos do vehículo implicado, como fragmentos dun retrovisor e partes da defensa traseira. Eses elementos resultaron determinantes para orientar a liña de investigación.

A análise destes indicios e da información solicitada permitiu á Garda Civil localizar o coche implicado no accidente e procedeu a investigar ao condutor do mesmo, por un delito contra a seguridade viaria (abandono do lugar dun accidente).

Este delito, tipificado no Código penal, implica penas de 6 meses a 4 anos de prisión, e retirada do carné de 1 a 4 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade