Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un ciclista en Cangas tras sufrir unha caída na parroquia de Aldán

Falece un ciclista en Cangas tras sufrir unha caída na parroquia de Aldán

O persoal médico do 061 que se desprazou ao lugar só puido confirmar a súa morte

G24.gal 10/01/2026 14:07 Última actualización 10/01/2026 17:43

Un ciclista faleceu no concello de Cangas tras sufrir unha caída no quilómetro 4 de estrada EP-1002 no lugar de Erbello, na parroquia de Aldán.

Un particular avisou do accidente ao 112 sobre as 13:00 horas. O home permanecía inconsciente e necesitaba asistencia sanitaria urxente. O persoal médico do 061 que se desprazou ao lugar só puido confirmar a súa morte.

A Axencia Galega de Emerxencias tamén mobilizou un helicóptero medicalizado con base en Santiago, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e o servizo municipal de Protección Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade