Cargando resultados...
Tres persoas feridas nun choque frontal entre dous coches en Salvaterra
Unha delas quedou atrapada no interior do vehículo e tivo que ser excarcerada
Un dos coches saíu despedido
G24.gal
08/03/2026 09:30
Última actualización 08/03/2026 10:12
Tres persoas quedaron feridas, dúas de gravidade, nun choque frontal entre dous coches en Salvaterra de Miño. O accidente ocorreu este sábado ás 19:20 horas no quilómetro 11 da PO-510, ao seu paso pola parroquia de Cabreira.
Pola forza do impacto, un dos turismo saíu despedido por riba do valo de seguridade e rematou nun camiño paralelo á estrada que une Salceda con Salvaterra.
Os bombeiros tiveron que liberar unha persoa que quedara atrapada dentro do vehículo. Despois, foi trasladada, xunto ao resto de ocupantes, ao hospital de referencia.
No operativo tamén participaron axentes da Garda Civil de Tráfico.
Estado no que quedou un dos vehículos implicados