Publicador de contidos

Publicador de contidos

Descubrimos a colección de xoguetes antigos e monicreques do Pazo de Liñares en Lalín

Descubrimos a colección de xoguetes antigos e monicreques do Pazo de Liñares en Lalín

Unhas mil pezas que repasan a historia do entretemento e que só supoñen o 10 por cento da colección que posúe Antonio Chaves

Tamén se pode ver unha mostra de monicreques con pezas de máis de 15.000 pezas de compañías galegas

G24.gal 28/04/2026 21:12 Última actualización 28/04/2026 21:51

Ímolos convidar agora mesmo a dar un paseo pola súa infancia grazas á colección de xoguetes antigos que alberga o maxestouso Pazo de Liñares en Lalín. Só teñen que deixar voar a súa imaxinación para adentrarse neste mundo de fantasía a través de verdadeiras xoias de coleccionista.

Unha regresión á nosa infancia a través da nostalxia. Iso é o que consegue o pazo de Liñares, en Lalín, grazas a unha exposición de xoguetes antigos cedidos polo coleccionista Antonio Chaves. Unha mostra fantástica coa que podemos deixar voar a nosa imaxinación a través de catro salas. 

Xoguetes antigos da colección de Antonio Chaves Xoguetes antigos da colección de Antonio Chaves

Unhas mil pezas que repasan a historia do entretemento e que só supoñen o 10 por cento da colección que posúe Chaves, un persoeiro moi vencellado á cultura, escritor e tamén artista.

Xoguetes antigos da colección de Antonio Chaves Xoguetes antigos da colección de Antonio Chaves

Un verdadeiro santuario dedicado aos xogos tradicionais e á fantasía que paga a pena visitar en Lalín, sexa vostede un neno ou un adulto porque a emoción non entende de idades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade