Cargando resultados...
As festas do Carme, colofón do verán en Porto do Son
A procesión marítima, coa ofrenda aos falecidos no mar, protogonizou a xornada
Haberá festas ata o xoves, cun programa que combina tradición e verbena
G24.gal
08/09/2025 14:47
Última actualización 08/09/2025 15:42
A diferenza de moitas vilas que a celebran o Carme o 16 de xullo, en Porto do Son homenaxean a patroa do mar o 8 de setembro.
Como manda a tradición, a imaxe baixou desde a atalaia ata o porto para participar nunha procesión marítima con ofrenda floral na honra dos falecidos no mar.
Un acto emotivo ao que lle seguen tres xornadas de festa, música e verbena que pechan o verán nesta vila mariñeira e turística do Barbanza.