Cargando resultados...
A delegación galega volveu con sete metais do Mundial de Piragüismo de Hungría
Nicolás Martínez gañou a proba dos 10.000 metros na categoría KL3 senior, por diante dos representantes de Xeorxia e Francia
Ouro tamén para as galegas Tania Fernández e Tania Álvarez, no K2-25 quilómetros
.jpg)
G24.gal
08/09/2025 17:18
Última actualización 08/09/2025 17:22
Nos Mundiais de Piragüismo en Maratón que se celebraron en Hungría, a delegación galega volveu con sete metais. Ouro para as galegas Tania Fernández e Tania Álvarez, no K2-25 quilómetros.
Destacamos tamén o ouro de Nicolás Martínez. O padexeiro de Foz gañou a proba dos 10.000 metros na categoría KL3 senior, por diante dos representantes de Xeorxia e Francia.
Éxito espectacular do padexeiro do Club Fluvial de Lugo, o único que logrou baixar dos 49 minutos durante a proba.