O Deportivo quere prolongar o seu bo momento en Xetafe
Así ilustran as imaxes internas do Deportivo o gran momento que vive o equipo coruñés. As eufóricas celebracións no terreo sen distinguir veteranos de neófitos neste entusiasmo grupal.
Tan bos resultados non permiten facerlle oco agora mesmo nin ao xogador máis valorado. Yeremay xa está recuperado dos seus problemas na pube. Pero aínda non gañou a titularidade no Deportivo de Primeira: "Temos que axudarlle a acadar pico de forma", anunciaba Hidalgo na previa.
Complícase a titularidade pola alta competencia. E tamén é dificil conter as expectativas. Porque a ambición do deportivismo aumentou, alimentada pola ilusión que xeraron as fichaxes e os bos resultados nas catro primeiras xornadas. Hidalgo loita por manter o foco: "O obxectivo desde o primeiro día é acadar a salvación o antes posible. Vamos loitar por iso cada semana e enfocarnos no día a día"
A axenda condúceos a Xetafe. Alí chegará Antonio Hidalgo como adestrador de estrea na categoría que polo de agora supera en puntos un clásico como Bordalás, con 350 partidos na elite.
O Deportivo viaxa a Madrid na busca da terceira vitoria seguida. Recupera a Alti tras cumprir sanción para xogar mañá no Coliseum.