O Celta busca mañá a primeira vitoria da temporada contra o Málaga
O calendario non lles dá descanso aos de Claudio, que intenta ser positivo
Tras cinco partidos, o Celta aínda non gañou neste comezo de temporada... situación que os celestes agardan revertir mañá ante o Málaga en Balaídos. O calendario comeza a intensificarse co primeiro partido da Europa League a vindeira semana. E Claudio quere agarrarse ó positivo da situación: "Xogar tantos partidos consecutivos significa que estamos en trs competicións, e que facemos o que nos gusta, aínda que non é o ideal", recoñecía na previa.
Entre o Málaga e o Rácing, o Celta terá que visitar ao Omonia Nicosia na Europa League. Antes da estrea en Europa, os de Claudio Giráldez terán que recibir un acabado de ascender que aínda non puntuou a domicilio. Os vigueses queren os seus primeiros tres puntos, pero Claudio ten un contratempo de última hora. Borja Iglesias recaeu durante a semana e non poderá participar no partido. "Vai chegar moi xusto, creo que estamos apurando demasiado con el e, se non está limpo, a idea é que non xogue", indicou o técnico.
Sobre o partido, Giráldez foi claro: "Temos que centrarnos so no partido, non do que vimos nin ao que imos. Sabemos que temos que competir mellor na casa. Fixemos cousas ben, e o camiño ten moitas lecturas positivas".
E rematou con outra indicación: "Todas as desordes dos tivais comezan cando lles da tempo, e cando lles das a pelota".