Publicador de contidos

Publicador de contidos

A rede do Salnés introducía a cocaína en contedores de peles bovinas a través de Portugal; comisadas 2,2 toneladas

A rede do Salnés introducía a cocaína en contedores de peles bovinas a través de Portugal; comisadas 2,2 toneladas

O Xulgado número 4 de Cambados envía a prisión a tres dos nove detidos que declararon este venres; outros dous quedan libres con medidas cautelares

A organización transportaba a cocaína desde Latinoamérica e a gardaba en distintos inmobles do Salnés que funcionaban como "garderías"

No conxunto da chamada operación Olimpia, iniciada hai un ano, foron detidas 19 persoas

G24.gal 05/09/2025 10:42 Última actualización 05/09/2025 19:20

A organización desarticulada o pasado mércores na provincia de Pontevedra, nunha nova operación contra o tráfico de drogas, facía provisión en Galicia de grandes cantidades de cocaína que, na súa gran maioría, era introducida por Portugal. Segundo a UCO, incautáronse de 2,2 toneladas.

No operativo, coordinado polo Xulgado de Instrución número 4 de Cambados, foron detidas 12 persoas, segundo confirmou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), e realizáronse 19 rexistros en diversos domicilios e parcelas.

 A maxistrada do Tribunal de Instancia de Cambados, praza 4, decretou este venres o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, de tres dos nove detidos que pasaron a disposición xudicial.  A xuíza acordou o seu ingreso en prisión ao apreciar risco de fuga, de reiteración delituosa e de destrución de probas. Os outros seis foron postos en liberdade.

Según informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a dous deles, a instrutora impúxolles como medidas a retirada do pasaporte, a prohibición de saída do territorio nacional e a obriga de comparecer perante o xulgado cada mes. Os outros catro quedan en liberdade sen medidas, ao non ser solicitadas por ningunha parte. Todos eles están investigados por un delito de tráfico de drogas, cometido no seo dunha organización criminal.

 

Un dos detidos, este venres nos Xulgados de Cambados

Aos 12 detidos esta semana hai que sumar outras sete detencións anteriores, distribuídas todas elas nas provincias de Pontevedra, Ourense, Madrid, Barcelona, Guadalaxara, Zamora e Portugal, e de nacionalidades colombiana, portuguesa, dominicana e española. Contando con estas intervencións, o número total de rexistros na operación foi de 32.

En concreto, trece destas entradas realizáronse en Galicia, nas zonas de Vilagarcía (5), Cambados (4), Ourense (2), Caldas de Reis (1) e Cangas (1), mentres que os seis restantes foron en Barcelona (3), Guadalaxara (2) e Alcobendas (1).

Os rexistros foron realizados pola Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil. Os axentes atoparon tamén 150.000 euros en efectivo, inhibidores de frecuencia para detectar medios técnicos, teléfonos satelitais, básculas de precisión, unha arma curta simulada, unha plantación de marihuana, dous vehículos de alta gama, 17 móbiles encriptados e diversa documentación relacionada cos ilícitos investigados.

Un operativo internacional

A investigación foi levada a cabo pola Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil a través do Equipo contra o Crime Organizado de Galicia.

A xuíza autorizou, só como observadores, a presenza de membros da Axencia Estadounidense de Administración e Control de Drogas (DEA), Europol, Polícia Judiciária de Portugal, policía da República Dominicana e policía de Italia.

No dispositivo estiveron presentes axentes policiais de diversos países No dispositivo estiveron presentes axentes policiais de diversos países

A maxistrada, ademais das entradas e rexistros, acordou a incautación de computadores e de instrumentos de comunicación telefónica e telemática e ordenou o acceso e visionado urxente dos teléfonos comisados e o seu tráfico de chamadas.

Droga oculta en contedores que chegaba desde América do Sur

Esta organización criminal de carácter transnacional importaba cocaína desde Latinoamérica cara a Europa mediante métodos de ocultación de droga en contedores de mercadorías a través de envíos legais de peles de bovino.

Destacan dous grandes alixos este ano: un de 600 quilos en xuño e outro de 1.500 quilos en agosto, ambos en Portugal.

A cocaína chegaba desde Sudamérica oculta en contedores con peles de bovino A cocaína chegaba desde Sudamérica oculta en contedores con peles de bovino

O presunto xefe supostamente valíase de contactos e de familiares para facer provisión da droga, a maioría da cal era introducida por Portugal.

Un ano de seguimento

A investigación iniciouse en setembro de 2024  tras ter coñecemento da existencia dun grupo criminal que lideraba a comercialización de cocaína na provincia de Pontevedra e que se desprazaba frecuentemente a Portugal.

Desta maneira, os investigadores puideron corroborar que a droga que pretendían distribuír no noso país era trasladada por estrada á provincia de Pontevedra, principalmente desde Portugal, con sistemas de ocultación instalados clandestinamente nos vehículos.

Imaxe dun dos rexistros Imaxe dun dos rexistros

Na comarca do Salnés (Pontevedra), a organización dispoñía dun importante número de inmobles utilizados como “garderías”, onde ocultaban a droga ata a súa distribución a diferentes puntos da xeografía española.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade