Cargando resultados...
Un novo incendio no barrio ourensán de Covadonga mobilizou os bombeiros a primeira hora da mañá
Os veciños da zona quéixanse de que se trata dun espazo ocupado por toxicómanos

G24.gal
09/09/2025 11:18
Foi na rúa Zaragoza, nunha casa abandonada pero chea de lixo e colchóns que actuaron como combustible favorecendo a propagación do lume.
Ao tratarse dunha construción antiga, coas trabes de madeira, tamén sufriu a estrutura.
Non houbo danos persoais, pero un home estaba no exterior da vivenda, desorientado, cando chegaron os bombeiros.
Os veciños da zona quéixanse de que se trata dun espazo ocupado por toxicómanos.