Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidas catro persoas nunha operación contra o tráfico de drogas na Coruña

Detidas catro persoas nunha operación contra o tráfico de drogas na Coruña

Os axentes comisaron de 1.300 gramos de cocaína, 210 pastillas de éxtase e 6.630 euros en efectivo

Tres dos arrestados ingresaron xa en prisión

Foto: Garda Civil Foto: Garda Civil
G24.gal 26/09/2025 10:04

A Garda Civil de Arteixo detivo catro persoas nunha operación contra o tráfico de drogas na área metropolitana da Coruña en que comisaron diversas substancias estupefacientes.

A investigación iniciouse en febreiro de 2025 en Meicende (Arteixo) tras a detención dun individuo que se dedicaba á venda activa de drogas na zona.

Este arresto foi clave para lograr desentrañar unha rede máis complexa. A partir da información obtida, os axentes identificaron e localizaron a persoa que fornecía a droga ao detido en Meicende. Trátase dun individuo que residía en Culleredo, desde onde centralizaba a súa actividade ilícita.

As investigacións permitiron descubrir a principal provedora deste traficante: unha muller residente na cidade da Coruña.

Finalmente, en setembro executouse a fase final da operación, que se saldou coa detención destas tres persoas: dous de Culleredo e unha da Coruña.

Rexistros e substancias comisadas

No marco desta operación, a Garda Civil efectuou rexistros nunha vivenda e nun baixo na Coruña, así como noutra vivenda en Culleredo.

Os axentes comisaron 1.332 gramos de cocaína, 507 gramos de MDMA, 210 pastillas de éxtases, 6.630 euros en efectivo, así como dous vehículos e varios teléfonos móbiles.

Tres dos catro detidos xa ingresaron en prisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade