Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan un home de 73 anos con principio de alzhéimer desaparecido en Sada

Buscan un home de 73 anos con principio de alzhéimer desaparecido en Sada

O home vestía un pantalón vaqueiro e camisa a raias cando se lle perdeu a pista sobre as 14:30 horas do venres

G24.gal 20/09/2025 18:53

A Garda Civil confirmou este sábado o inicio dun operativo de procura dun home de 73 anos con principio de alzhéimer, desaparecido desde as dúas e media da tarde deste venres en Sada.

Chámase Celso Pérez Regueiro e perdéronlle a pista na zona do Tarabelo. Levaba teléfono móbil e cartos en efectivo. O home vestía pantalón vaqueiro e camisa a raias.

No dispositivo de busca participan patrullas de Sada, Oleiros e Cambre, persoal do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) e da unidade cinolóxica. Tamén efectivos aéreos, a Policía Local, o servizo de emerxencias, o concello, familiares e voluntariado.

As tarefas estendéronse á zona de Carnoedo e do pazo de Meirás, tras un aviso de que alguén puido velo nesa contorna dúas horas despois da súa desaparición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade