Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cafés a un euro: algo (case) xa imposible de atopar

Cafés a un euro: algo (case) xa imposible de atopar

O prezo medio dun café en cidades como A Coruña é dun euro e medio

G24.gal 25/09/2025 21:26

É o café máis barato que atopamos na Coruña. Unha cunca a un euro. É prezo único. Dá igual que sexa só, cortado ou con leite. Aquí se vende o café arábica con tostado natural e sen aditivos.

"A xente non ten culpa de que o café me coste máis a min e por iso desde que abrín, hai 10 anos, a filosofía de empresa é que o café custa un euro e iso non o vai cambiar ninguén", explica Alejandro Martínez, propietario de Buddha Coffee, cafetería do barrio de Elviña.

En contraposición, os prezos máis caros encontrámolos en locais onde se serve o chamado café de especialidade ou gourmet. O expreso aquí é a 2 euros. Con leite, a 2,6.

"Nós manexamos todas as facetas do café desde que se recolle ata que chega o produto á cunca. Temos todo o control de calidade e para iso temos persoas que están especializadas en tostar, en testar, en probar o café, en catalo", comenta Miguel Fajardo, responsable de Waco Coffee na rúa Alameda da Coruña.

 É unha das bebidas máis consumidas no mundo. Pero, ¿condiciona o prezo a elección dun café para a clientela ? 

"Que sexa de especialidade ou non, pero que esta ben feito por que moitas veces o que falla é a persoa que o fai".

"Prefiro pagar un pouco máis e tomar un bo café e aquí temos un café barato e bo".

"Que sexa caro ou non, pois depende. É que lamentablemente estamos afeitos a vivir en Madrid así que temos a percepción do valor un pouco desvirtuada, non", conclúe un mozo.

Entre o caro e o barato hai un intermedio. Pagar arredor de euro e medio é o máis frecuente nas cafeterías da cidade da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos