Publicador de contidos

Publicador de contidos

As máximas de 25 graos en Vigo e 27 en Pontevedra animan de novo as praias nas Rías Baixas

As máximas de 25 graos en Vigo e 27 en Pontevedra animan de novo as praias nas Rías Baixas

Unha xornada en que conviven os habituais que van todo o ano para bañarse cos turistas que escapan das aglomeracóns de xullo e agosto

G24.gal 25/09/2025 19:22 Última actualización 25/09/2025 19:53

Sen masificación, con espazo para colocar o parasol e a toalla e coa posibilidade de pasear pola beira do mar sen chocar. Setembro deixa os areais con menos xente, pero cheos de oportunidades.

Xa no outono atopamos aínda moitos turistas que foxen das aglomeracións do verán e buscan prezos máis asequibles.

Comparten areal cos galegos que saben que aínda queda moito por aproveitar. Aínda que xa comezou o colexio e as actividades extraescolares, tamén hai familias gozando dos últimos xogos na area.

Este xoves, con máximas de 25 graos en Vigo ou 27 en Pontevedra apetecía bañarse, pero a auga do mar está fresca, a uns 14 graos en Samil.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos