Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xoias da historia da automoción espertan admiración en Sarria

Xoias da historia da automoción espertan admiración en Sarria

Máis de 140 coches clásicos reuníronse no Campo do Río nesta quinta edición 

Na exhibición fíxoselle unha homenaxe a Barreiros

G24.gal 21/09/2025 14:34

Sarria acolleu este domingo a quinta concentración de coches clásicos, un evento no que participaron uns 140 automóbiles fabricados entre 1922 e 1995.

Varios modelos da marca Citroën dos anos vinte espertaron a admiración de todos aqueles que se achegaron ao Campo do Río 

O evento estivo organizado polo Club Clásicos Sarria. O seu presidente, Iker Trevijano, comentou que en Sarria unhas cen persoas pertencen a esta asociación, veciños que comparten o gusto polos automóbiles clásicos, motivo polo que se animaron a organizar estra concentración. Nela tamén se lle fixo unha homenaxe a Barreiros, o ourensán que revolucionou o mundo do motor e que creou 25.000 postos de traballo.

A media mañá todos os vehículos concentrados marcharon para participar nunha ruta turística por Sarria e Samos, con visita incluída ao seu mosteiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade