Milleiros de rosas ilumiadas integran o Xardín Infinito no pazo de San Lourenzo en Santiago
Ata o 9 de xaneiro está aberto un xardín moi especial que se agocha no pazo de Lourenzo en Santiago. Son milleiros de rosas iluminadas coas que se pode enviar unha mensaxe dedicada a aqueles que estrañamos
O Xardín Infinito é unha iniciativa da Fundación Andrea para recadar fondos a prol dos nenos con enfermidades graves ou de longa duración
Cun total de 20.000 rosas iluminadas, a instalación é unha iniciativa da Fundación Andrea. Este Nadal propón facer unha homenaxe a aquelas persoas de luz que nos marcaron a vida, estean con nós ou non. Unha ofrenda ao ceo que se pode visitar dende que cae o sol no xardín amurallado do pazo compostelán de San Lourenzo.
A partir de dez euros podemos escribir unha dedicatoria que quedará gravada nunha placa de madeira a carón da rosa. Un xesto de homenaxe aos que amamos que ten tamén un fin solidario. A Fundación Andrea dedicará o que se recade aos proxectos que ten en marcha para axudar aos nenos con enfermidades graves e de longa duración. O xardín infinito vai estar aceso todas as noites ata o nove de xaneiro.
"Animamos a todo o mundo a que veñan, que nos acompañen e que colaboren", di Charo Barca, a presidenta da Fundación Andrea.
"É moi bonito. Xa fixen a miña doazón e xa está por aí agochada entre as rosas".
"Encántame. E á parte ás persoas que nos falta xente moi recente, pois que che revolve todo."
"As flores de luz debaixo das árbores é máxico, é un efecto espectacular."
"Paréceme preciosa e moi emotiva."