Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morren os 11 ocupantes dunha avioneta ao estrelarse no leste de Francia

Morren os 11 ocupantes dunha avioneta ao estrelarse no leste de Francia

O aparello accidentado é un Pilatus, utilizado comunmente para saltos en paracaídas

Os falecidos son cinco monitores, cinco alumnos e o piloto 

REUTERS/Christian Hartmann REUTERS/Christian Hartmann
G24.gal 28/06/2026 13:49 Última actualización 28/06/2026 18:48

Once persoas faleceron este domingo ao estrelarse a avioneta na que viaxaban para facer paracaidismo nos arredores da cidade de Nancy, no leste de Francia, informaron as autoridades.

A sección de Accidentes Colectivos da Fiscalía de París, un unidade xudicial especializada en investigar catástrofes e accidentes con múltiples vítimas, abriu unha investigación polo accidente.

Así mesmo, as asociacións Paris Aide aux Victimes e France Victimes 54 foron chamadas a intervir para apoiar e acompañar ás familias das vítimas.

A Fiscalía confirmou que os falecidos son cinco monitores, cinco alumnos e o piloto, que eran os 11 ocupantes do aparello, pertencente a un club de paracaidismo.

Trátase dun dos peores sinistros de avioneta sucedidos en Francia nas últimas tres décadas.

O prefecto do departamento de Meurthe e Mosela, Yves Seguy, detallou que unha avaría no aparello estivo detrás do accidente e corroborou que houbo achegados das vítimas que viron o avión "caer en picado" en directo.

"Hai moitas vítimas a nivel psicolóxico, porque familia e amigos viron á avioneta estrelarse", afondou, pola súa banda, á canle Franceinfo o alcalde de Nancy, Mathieu Klein.

Segundo o medio local L'Est Republicain, o aparello accidentado é un Pilatus matriculado en Alemaña, utilizado comunmente para saltos en paracaídas. O sinistro ocorreu en Avenida Salvador Allende cara ás 11.00 horas, preto dun supermercado en Tomblaine, nunha zona lindeira cunha área comercial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade