Rueda envía unha mensaxe de apoio a Venezuela na entrega das Medallas Castelao
A científica Mar Capeáns Garrido, o trompetista Esteban Batallán, o atleta Adrián Ben, a Fundación Andrea e a empresaria María Barallobre recibiron os galardóns deste ano
A traxedia que sofre Venezuela estivo moi presente na ceromonia de imposición das Medallas que se entregaron en San Domingos de Bonaval
A científica Mar Capeáns Garrido do CERN, a Fundación Andrea de axuda a familiares de nenos hospitalizado, o trompetita Esteban Batallán, o atleta Adrián Ben e a propietaria dos restaurantes La Penela, María Barallobre, recibiron as medallas Castelao, unha das máximas distincións de Galicia.
A cerimonia celebrouse no Panteón de Galegos Ilustres, de mans do presidente da Xunta, Alfonso Rueda.
O mandatario galego destacou os méritos dos galardoados, tres mulleres e dous homes elixidos polo Goberno autonómico, e sinalou que os progresos desta comunidade "non se poden entender sen a Galicia da emigración".
Neste sentido, Rueda expresou o seu "abrazo afectuoso a Venezuela" tras os devastadores sismos e que fixo extensivo tamén á comunidade venezolana residente en Galicia.
Medalla Castelao á Fundación Andrea
Moi emotivo foi o recibimento da medalla por parte de Charo Barca, a presidenta da Fundación Andrea de axuda a familiares de nenos hospitalizados, que evocou a vontade "heroica" deses pacientes menores de idade que sofren graves enfermidades de longa duración.
A citada entidade foi fundada tras a morte da súa filla Andrea, aos oito anos, e Barca asegurou que espera que o "ronsel" deixado por ela contribúa a mellorar a solidariedade.
A presidenta da Fundación Andrea, Charo Barca, recibe o recoñecemento da mans do presidente da Xunta.
Medalla Castelao a Esteban Batallán
Tamén con humildade, recolleu a súa medalla Batallán, un músico cunha extraordinaria traxectoria como trompetista e profesor de universidade tras formarse nos conservatorios de Pontevedra e Vigo ou na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia.
"Galicia é unha terra de músicos", proclamou Batallán, que foi o trompetista principal nas orquestras de Chicago e Hong Kong, e actualmente é membro do departamento de trompeta en DePaul University (Chicago) e profesor da Civic Orchestra, e que dedicou a súa medalla a "todos os músicos de Galici.
O trompetista Esteban Batallán, co seu galardón.
Medalla Castelao a Mar Capeáns
Capeáns Garrido, unha dirixente do CERN, o maior laboratorio mundial de investigación de física de partículas e ciencia fundamental en que traballan expertos de numerosos países, agradeceu o premio ao labor da "aventura humana" en busca de "entender o universo" que pode contribuír a "mellorar a vida das persoas".
A científica, que leva máis de 30 anos residindo fóra de Galicia, avogou por "sumar esforzos", sinalou que a medalla non a recibe como "algo privado" senón para "compartir coa familia e moitos compañeiros de camiño", e exhortou a mocidade a "confiar no seu talento e non aceptar os límites".
A física Mar Capeáns posa coa súa Medalla Castelao.
Medalla Castelao a Adrián Ben
Adrián Ben, un novo atleta cunha ampla traxectoria en campionatos europeos, mundiais e olímpicos, expresou o seu agradecemento á súa familia e o seu equipo que lle axudaron "sen pedir nada a cambio", polo que avogou pola "solidariedade" e invitou a "non ter medo ao fracaso".
O atleta Adrián Ben, recoñecido no ambito deportivo.
Medalla Castelao a María Barallobre
Para rematar, María Barallobre, unha mestra que deixou a profesión para dedicarse a abrir un restaurante en Betanzos e posteriormente outros establecementos en Barcelona, París e Bogotá, aludiu ás súas humildes orixes e a súa ambición de ofrecer non só comida de calidade para atraer clientela.
A quinta medalla foi para María Barallobre Tomé, propietaria dos restaurantes A Penela.
As Medallas Castelao, xunto coas de Galicia, son os recoñecementos de máis alto rango que outorga a comunidade autónoma, unha condecoración de carácter civil que concede a Xunta ás personalidades e institucións que destacan polo seu traballo no ámbito artístico, literario, deportivo, económico ou intelectual.
A súa entrega coincide co aniversario do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia e o regreso á comunidade galega dos restos mortais do intelectual galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.