Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenado a 21 anos de cárcere por golpear e agredir sexualmente a súa parella en Pontevedra

Condenado a 21 anos de cárcere por golpear e agredir sexualmente a súa parella en Pontevedra

A Audiencia Provincial impón a pena por dous delitos de agresión sexual, dous de lesións e un de coaccións leves

G24.gal 22/12/2025 18:53

A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a 21 anos de cárcere un home por golpear e agredir sexualmente en varias ocasións a súa parella en Pontevedra.

O tribunal acúsao de dous delitos de agresión sexual, dous delitos de lesións no ámbito da violencia sobre a muller e un delito leve de coaccións.

A sala absolve o acusado do delito de maltrato habitual no ámbito da violencia sobre a muller, polo que tamén estaba acusado.

Agresións durante un ano de relación

A sentenza recolle que o condenado mantivo unha relación sentimental coa vítima durante un ano, período en que se produciron os feitos.

Nun dos episodios, o home propinoulle patadas e puñadas por distintas partes do corpo e obrigouna a manter relacións sexuais contra a súa vontade, desde unha posición de dominación.

Noutra ocasión, tras agredila e golpeala, expulsouna do seu propio piso vestida unicamente cunha camiseta e impediulle volver entrar na vivenda.

A muller pediu auxilio a unha veciña, que lle prestou o teléfono para avisar a policía.

A resolución fundamenta a condena principalmente na declaración da vítima, que o tribunal considera coherente e persistente.

As declaracións das testemuñas e dos axentes policiais reforzan o seu relato e confirman o estado en que se atopaba a muller e as circunstancias posteriores ás agresións.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade