Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigado o alcalde do PP dunha vila de Castelló por agresión sexual a dous menores

Investigado o alcalde do PP dunha vila de Castelló por agresión sexual a dous menores

O investigado, Jorgé Peiró, rexedor de Jérica, mantén que é inocente e asegura que os denunciantes son maiores de idade

A causa está aberta "desde hai uns meses" e sobre el pesan medidas cautelares respecto dos menores

O PP da provincia de Castelló solicitou a suspensión de militancia de Peiró 

Jorge Peiró, alcalde de Jérica (Castelló) Jorge Peiró, alcalde de Jérica (Castelló)
G24.gal 18/12/2025 15:26 Última actualización 18/12/2025 18:34

Un xulgado de Segorbe investiga o alcalde de Jérica (Castelló), Jorge Peiró, do PP, por senllos delitos de agresión sexual respecto a dúas vítimas menores de idade, segundo confirmou o Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana.

A causa, engade o TSXCV, leva aberta "desde hai uns meses" e a titular do xulgado de Instrución número 1 de Segorbe impuxo no seu momento ás investigado medidas cautelares de afastamento e prohibición de comunicación respecto dos dous denunciantes, que seguen vixentes actualmente.

Jorge Peiró exerce como alcalde deste municipio de algo máis de 1.700 habitantes desde o ano 2019. Nun comunicado, o PP da provincia de Castelló solicitou ao Comité de Dereitos e Garantías a suspensión de militancia de Peiró, a quen se lle procedeu a cesar con carácter inmediato como asesor do grupo popular da Deputación Provincial de Castelló. Desde a institución provincial e o partido mostraron o seu "máximo" respecto á xustiza e á presunción de inocencia.

Pola súa banda, o PSPV-PSOE de Castelló reclamou á presidenta do PP provincial e da Deputación de Castelló, Marta Barrachina, que "cese de maneira inmediata a unha das súas mans dereitas e de maior confianza dentro do goberno, Jorge Peiró", e que lle esixa tamén a dimisión como alcalde de Jérica tras coñecerse esta imputación.

O alcalde asegurou que os denunciantes son maiores de idade

Nun comunicado remitido a través do seu avogado, Peiró sostén que son dous homes adultos, de 26 e 27 anos, os que o denuncian, non menores de idade, "conforme se filtrou maliciosamente en diversos medios".

Asegurou ademais que "a verdade acabará triunfando", e lamentou a "dor que estes feitos causaron" na súa familia. Por último, mostrou o máximo respecto ao procedemento xudicial aberto, e manifestou o seu desexo de defenderse "con toda a forza que nos ampara por lei", e insistiu: "Son inocente". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade