Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre unha turista alemá en Baiona arrastrada por unha onda cando facía fotos

Morre unha turista alemá en Baiona arrastrada por unha onda cando facía fotos

Un particular alertou de que unha persoa que estaba nas rocas caeu á auga

O cadáver apareceu na praia da Cuncheira

G24.gal 18/12/2025 16:03 Última actualización 18/12/2025 18:50

Unha turista alemá de 85 anos faleceu a primeira hora desta tarde en Baiona tras ser arrastrada por unha onda desde as rochas en que se atopaba.

Un particular chamou á central de emerxencias ás tres menos vinte e cinco da tarde para avisar de que fora testemuña de como unha persoa que estaba nas rocas caera á auga.

A vítima estaba facendo fotografías cando caeu ao mar arrastrada por unha onda.

Con esta información, desde a central de emerxencias mobilizouse a Salvamento Marítimo, a Gardacostas, Urxencias Sanitarias 061, a Garda Civil, a Policía Local e o Grupo Acuático do GES do Val Miñor.

Con todo, pouco despois o 112 Galicia recibiu a chamada doutro particular para advertir de que atopara a unha muller na area da praia da Cuncheira, moi preto da fortaleza de Baiona.

Os servizos de emerxencia desprazáronse ata o punto, pero non puideron facer nada pola muller.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade