Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ascende a 12 o número de casos de varíola do mono detectados en Galicia

Ascende a 12 o número de casos de varíola do mono detectados en Galicia

A vacina contra o mpox está dispoñible en Galicia para persoas con risco elevado debido á súa situación ou profesión

G24.gal 05/02/2026 18:37

O número de casos de persoas infectadas polas denominada varíola do mono ou mpox ascende a doce en Galicia, segundo un novo balance ofrecido este xoves pola Consellería de Sanidade.

Todos os infectados son homes de 35 a 65 anos, a maioría na provincia da Coruña, sen que teñan aparentemente vínculo común algún, precisa o citado departamento da Xunta nun comunicado.

Trátase de tres casos máis que o número ofrecido hai un par de días en Galicia.

O primeiro notificado foi o pasado 12 de decembro, pero o número de afectados pode aumentar nos próximos días, xa que o período de incubación da doenza é dalgunhas semanas.

Na maioría de casos, a infección tradúcese nun enfermidade leve con síntomas de febre, malestar xeral, inflamación de ganglios ou lesións na pel.

A Consellería de Sanidade subliña que a vacina contra o mpox está dispoñible en Galicia para persoas con risco elevado debido á súa situación ou profesión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade