Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous mortos e un ferido moi grave na A-8 en Guitiriz ao atropelar un guindastre uns operarios de conservación

Dous mortos e un ferido moi grave na A-8 en Guitiriz ao atropelar un guindastre uns operarios de conservación

O suceso produciuse ao chocar un camión guindastre, que portaba vehículos, contra unha furgoneta de conservación de estradas

G24.gal 30/01/2026 15:21 Última actualización 30/01/2026 17:40

Dous operarios do servizo de conservación de estradas perderon a vida e outro quedou ferido moi grave nun accidente de circulación que tivo lugar na A-8, ao seu paso por Pígara, no concello lugués de Guitiriz.

Outras dúas persoas quedaron feridos leves, segundo o 112. O condutor do guindastre precisou tamén de asistencia sanitaria. Tres dos feridos foron trasladados o Hospital Lucus Augusti.

Ao parecer, o guindastre colidiu coa furgoneta dos operarios, que estaban realizando unha obra na vía. A zona estaba sinalizada con conos e parcialmente cortada para facilitar os traballos. Agora investigan por que o camión guindastre saltou esa protección. O condutor deu negativo nas probas de alcol e drogas. 

 

O sinistro tivo lugar as dúas da tarde no quilómetro 587, dirección Asturias, xusto no enlace coa N-634. A circulación quedou cortada nun dos carrís da A-8 en sentido Asturias, provocando que o tráfico polo outro carril fose máis lento.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, GES de Friol-Palas e Protección Civil de Guitiriz. Tamén foron avisados os Bombeiros de Vilalba, pero finalmente non foi necesaria a súa intervención.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade