Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un matrimonio de octoxenarios ao chocar o seu coche contra un camión de leite parado en Antas de Ulla

Morre un matrimonio de octoxenarios ao chocar o seu coche contra un camión de leite parado en Antas de Ulla

O coche en que viaxaban as dúas persoas falecidas, de 82 anos, chocou contra un camión de transporte de leite na estrada N-640

G24.gal 20/01/2026 18:15

Dúas persoas morreron ao chocar este martes o coche en que viaxaban contra un camión parado nun tramo da estrada N-640 do municipio lucense de Antas de Ulla, informaron os servizos de emerxencias. Trátase do condutor do turismo, un home de 82 anos, e a súa muller, da mesma idade. Eran veciños deste concello lugués.

O choque produciuse ás 16:46 horas no quilómetro 138 da citada estrada, preto da Casa do Concello de Antas de Ulla, precisaron.

O coche en que viaxaban as dúas persoas chocou contra un camión de transporte de leite que estaba parado e no impacto quedaron atrapadas no interior do vehículo pola violencia do golpe.

 


Ata o lugar do sinistro desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Chantada, GES de Monterroso, Garda Civil de Tráfico e Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Un total de seis persoas morreron en estradas da provincia de Lugo desde o inicio deste ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade