Publicador de contidos

Publicador de contidos

O caso de Manuela Barbosa non se pecha para a súa familia, aínda despois de tres anos

O caso de Manuela Barbosa non se pecha para a súa familia, aínda despois de tres anos

Manuela Barbosa desaparecera en 2021, a autopsia revelara unha morte violenta con varios golpes na cabeza

Desolada pola decisión, a familia de Manuela Barbosa recorre o arquivo provisional do caso, pide xustiza e denuncia neglixencias

Manuela Barbosa, muller asasinada en Soutomaior no 2021
G24.gal 18/12/2025 15:13

A familia de Manuela Barbosa recorreu a decisión xudicial de arquivar o seu caso. Reclaman xustiza e mesmo denuncian neglixencias na investigación pola desaparición e morte violenta desta veciña de Redondela. O avogado da familia solicitou a reactivación da instrución. Entende a acusación particular que quedan xestións xudiciais por facer.

Manuela Barbosa desapareceu en xullo de 2021, e os seus restos óseos foron localizados nunha leira tres anos despois con sinais de violencia. O xulgado que leva o caso decidiu arquivalo por falta de probas contundentes sobre a autoría. A acusación particular recorreu a decisión. Entenden que caben novos trámites xudiciais.

Luciano Prado, o avogado da familia, defende que "deben pasar polo que é a sede xudicial, para que se lle poida interrogar, para que se lle poida preguntar, máis ala dunhas dilixencias policiais, ... a toda a xente á que realmente se lle preguntou e coa que falaron os corpos policiais".

Para a acusación particular, a singularidade do caso e a imposibilidade de intervir na instrución argumentan aínda máis o recurso presentado.

"Non deixa de ser un delito que se cometeu fai xa anos (...). Do que é policial hai moitas probas e moitas cousas que son moi difíciles de obter polo tempo transcorrido, da data da morte de esta señora ata que realmente se da co cadáver" comenta Luciano Prado, quen declara ademais non comprender a existencia do secreto de sumario, sobre todo para a familia, "non se debe obviar ou deixar así morrer unha instrución por un delito tan grave como é a morte violenta dunha persoa", afirma.

Raquel, unha das fillas de Manuela Barbosa, trasladou á TVG a desolación da familia que denuncia neglixencias policiais. Durante a desaparición e na investigación do presunto asasinato. Teñen poucas esperanzas de que o recurso prospere pero non queren deixar de loitar. Pensan que un crime coma este non debería quedar impune.

"A propia cidadanía ten que ver que se esgotou todo", di o avogado.

Á espera da resolución do recurso, a familia de Manuela reclama xustiza aínda que a súa morte violenta sexa unha ferida da que non van sandar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade