Con cada vez menos profesionais, o oficio das porterías de edificios afronta un futuro incerto
Cada vez existen menos comunidades veciñais en Galicia que aposten por manter un porteiro
Na Coruña a Torre Hercón pasa por ostentar o título de ser o edificio máis alto de Galicia. E segue a contar con servizo de portería. Antonio é desde hai 17 anos o seu conserxe.
"As miñas funcións son chegar aquí cada mañá e facer unha revisión da sala de caldeiras, de dombas, garaxes. Unha revisión xeral para saber de un día para outro hai algún cambio", conta
Da profesión destaca a relación de confianza que se xera coa veciñanza.
"No caso de este edificio polas circunstancias que ten pois a veces tes que aparecer aquí ás tres da mañá para entrar nunha casa".
Dese mesmo vínculo fala Javier, quen traballa como porteiro do terceiro edificio máis alto da Coruña. Nel residen 80 familias.
"Eu sempre estou ao tanto de tomar nota e de coñecer á xente que vén nova. E unha vez que están instalados pois xa forman parte da familia do edificio", explica.
Javier vive no propio edificio. É dos poucos. Cada vez son menos, pero eles reivindican o seu labor.
"Preciso eu creo que é. Aquí rompe unha tubaxe e non é unha pinga, é unha catarata, é así de claro", di Antonio.
Javier engade que "debería haber máis porteiros porque tamén hai que darse conta de que eu estou aquí, e para os veciños do edificio iso tamén é unha seguridade". Profesionais que se resisten a ver desaparecer un oficio de seu.