Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Real Sociedade derrota o Athletic e estará na gran final da Copa do Rei (1-0)

A Real Sociedade derrota o Athletic e estará na gran final da Copa do Rei (1-0)

Un gol de penalti de Oyarzábal certifica a clasificación dos donostiarras

A final será o próximo 18 de abril na Cartuja de Sevilla entre o equipo vasco e o Atlético de Madrid

@RealSociedad @RealSociedad
G24.gal 04/03/2026 22:09

A Real Sociedade impúxose no derbi vasco ao Athletic de Bilbao, 1-0, e disputará a final da Copa do Rei cinco anos despois da que gañou no ano 2021 aínda que era a edición de 2020 retasada por mor da pandemia da covid.

A primeira metade foi de dominio alterno. Ameazou de saída o Athletic cunha chegada de Sancet pero poco depsois Carlos Soler obrigaba a Padilla a facer unha das paradas da noite. Despois deste primeiro achegamento donostiarra a Real fíxose co control do partido e Guedes puido inaugurar o marcador cun remate que foi o lateral da rede. Xusto antes do descanso Berenguer e Sancet tiveron achegamentos que levaron algo de perigo á meta de Marrero pero sen acerto.

Na segunda metade a Real incrementaría o seu dominio sen gozar de grandes oportunidades pero sen sufrir ante un equipo bilbaíno que necesitaba un gol para igualar a eliminatoria. E a seis minutos do final chegaría a sentenza despois dun dubidoso penalti de Galarreta a Yangel Herrera, sinalado polo colexiadoa instancias do VAR, e que non desaproveitaría Mikel Oyarzábal para anotar o gol que certificaría o pase dos txuri urdin á gran final de Sevilla onde lles espera o Atlético de Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade