Publicador de contidos

Publicador de contidos

Álvaro Ferllo: "Eu vin aquí para ascender co Depor"

Álvaro Ferllo: "Eu vin aquí para ascender co Depor"

O porteiro do Depor foi protagonista na "Crónica Deportiva" da Radio Galega

Defendeu o traballo do adestrador Antonio Hidalgo e dixo comprender a esixencia da afección deportivista

G24.gal 04/03/2026 21:11

O porteiro do Deportivo Álvaro Ferllo estivo na "Crónica Deportiva" da Radio Galega onde amosou a súa ambición deportiva, defendeu ao técnico Antonio Hidalgo e tivo palabras de eloxio para a afección deportivista:

"O Depor é o club máis grande da segunda división e un dos históricos da primeira. Normal que sexa o que máis presión e máis esixencia ten. Todo o que acontece ao redor é o máis lóxico cando estás nun club destas dimensións"

"Nas últimas xornadas estamos sendo moi fiables. O adestrador ten toda a forza do mundo para que independentemente do que escoite, seguir cara adiante. Estamos nunha posición boísima e facendo un traballo espectacular"

"Normal que a afección quera que o equipo gañe e xogue ben. Oxalá poidamos conseguilo. En todos os partidos temos momentos moi bos e outros nos que pasamos dificultades. Se me das a elixir entre xogar ben e perder ou non xogar super ben e gañar sempre quero gañar"

"Eu vin para ascender co Depor. Temos todas as ferramentas para facelo. Temos todas as posibilidades para ser un dos equipos que o ano que vén xogue na primeira división"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar