Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Parrulo perde en Cartaxena pese a facer un gran partido (4-2)

O Parrulo perde en Cartaxena pese a facer un gran partido (4-2)

Os ferroláns deron a cara ante o poderoso equipo murciano pero remataron cedendo

Coa salvación no peto os de Gerard Casas están a seis puntos do oitavo clasificado con nove por disputarse

@JimbeeCartagena @JimbeeCartagena
G24.gal 28/04/2026 22:11

O Parrulo Ferrol non puido dar a badalada na pista do poderoso Cartaxena onde rematou perdendo 4-2 . Na primeira metade os departamentais fixeron un partido moi serio. Rochosos atrás e tentando levar perigo na ofensiva. Pero nunha xogada a balón parado Osamanmusa adiantaba o equipo local. Malaguti e Novoa rozaron o empate pero non atinaron coa meta contraria.

No primeiro minuto da segunda metade Pablo Ramírez conectaba unha volea que superaba o meta arxentino do equipo galego Mati Starna. Os Parrulos seguiron porfiando e David Novoa reducía diferenzas cun lanzamento desde dez metros que entraba na portería tras tocar nun defensa. Pero o gol propiciaría a reacción local que anotaría rapidamente dous novos goles por medio de Waltinho e Osamanmusa de novo. Sen nada que perder Gerard Casas ordenou a táctica do porteiro xogador para os últimos minutos . Jhoy anotaba o segundo tanto dos galegos a tres minutos do final. O porteiro Caio César paraba un penalti para os ferroláns lanzado por Waltinho pero non había tempo para máis e o marcador quedaba co 4-2 favorable ao equipo murciano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar