Xulgan dous irmáns de Negreira por intentar matar o pai golpeándoo brutalmente
Segundo a defensa, padecen esquizofrenia e trastorno bipolar, e daquela deixaran de medicarse, os seus síntomas empeoraran e tamen a animadversión cara a seu pai
Os acusados serán examinados por médicos forenses para determinar se as súas facultades lles permiten ou non declarar
Ricardo e Alberto están en prisión provisional desde maio de 2024 cando sucederon os feitos. Segundo a defensa padecen esquizofrenia e trastorno bipolar e daquela deixaran de medicarse, os seus síntomas empeoraran e tamen a animarversión cara a seu pai.
A vítima, pai dos acusados, declarou que o 10 de maio de 2024 estaba no salón lendo no ordenador cando un dos fillos llo desechufou e ambos os dous empezaron a golpealo coa pata dunha cadeira e outros obxectos. Logo saíu á rúa ensanguentado buscando axuda e auxiliárono un veciño e un axente da Policía Local que tamén declararon hoxe. Na inspección da vivenda, os gardas civís destacaron que os cuartos dos acusados estaban cheos de rituais de vodú. Os acusados serán examinados por médicos forenses para determinar se as súas facultades lles permiten ou non declarar.
A defensa avoga por unha eximente incompleta e que mesmo poidan cumprir a pena nun centro psiquiátrico. A fiscalía solicita 9 anos de prisión por un delito de tentativa de homicidio coa agravante de parentesco. O pai rexeitou calquera tipo de indemnización que lle correspondera e declinou exercer a acusación contra os seus fillos.