Publicador de contidos

Publicador de contidos

A xuíza pregunta á Garda Civil se houbo avisos previos da entrada masiva en Ceuta

A xuíza pregunta á Garda Civil se houbo avisos previos da entrada masiva en Ceuta

Un axente asiste unha persoa que nada no mar, en Ceuta, o pasado 2 de agosto (Marcos Moreno/Europa Press) Un axente asiste unha persoa que nada no mar, en Ceuta, o pasado 2 de agosto (Marcos Moreno/Europa Press)
G24.gal 05/08/2026 11:35

A xuíza da Audiencia Nacional María Tardón pediu á Garda Civil un informe sobre a súa actuación ante a entrada masiva de migrantes en Ceuta os días 30 e 31 de xullo e que detalle se se recibiu algunha información en días previos que puidese alertar sobre o que ía ocorrer.

A xuíza fixo esta petición ao instituto armado na investigación que abriu sobre o ocorrido en Ceuta, pescudas nas que tamén solicitou á Policía un informe para determinar se se tratou de "unha acción concertada ou dirixida" por algún "grupo criminal".

No caso da Garda Civil, solicita ademais que lle detalle os labores de rescate de persoas en augas territoriais españolas, con identidades e circunstancias privadas coñecidas, e, no caso dos falecidos, se consta a causa da morte.

A maxistrada reclama que se lle indique "se se recibiu en calquera das unidades da Garda Civil da Cidade Autónoma de Ceuta algunha información nos días previos a tales acontecementos que puidese alertar sobre o seu posible acaecemento".

Tardón pediu informes aos dous corpos policiais tras recibir unha denuncia presentada polo partido Iustitia Europa sobre a entrada masiva á cidade autónoma de persoas procedentes de Marrocos que se saldou, segundo os datos do Ministerio do Interior, co acceso de 72.000 persoas, das que 70.000 volveron.

Os últimos datos oficiais indican que houbo polo menos 79 mortos en territorio español, pero a ong Camiñando Fronteiras afirma que, sumando os falecidos no lado marroquí, a cifra elévase a 141.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade