Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenado a catro anos e medio de cárcere por violar a coidadora da súa nai en Lugo

Condenado a catro anos e medio de cárcere por violar a coidadora da súa nai en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo considérao autor dun delito continuado de agresión sexual e violación

Ademais da pena de prisión, imponlle o pago dunha multa de 3.780 euros e unha indemnización de 10.000 euros

G24.gal 19/12/2025 12:54

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a catro anos e medio de cárcere a un home por violar unha muller que traballaba no seu domicilio, coidando da nai.

A sala considérao autor dun delito continuado de agresión sexual e dun delito de violación. Ademais da pena de prisión, imponlle o pago dunha multa de 3.780 euros e dunha indemnización de 10.000 euros.

Os maxistrados consideran probado que o acusado realizou tocamentos non consentidos á vítima en varias ocasións e que, nun momento posterior, violouna.

A defensa do acusado solicitaba a súa absolución ao asegurar que houbo consentimento da vítima. Pero o tribunal valora o testemuño da muller como “coherente e preciso”, sen que aprecie "ningunha contradición". Ademais, o testemuño foi corroborado por probas forenses e declaracións de testemuñas.

A sentenza non é firme, polo que cabe presentar recurso ante o TSXG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade