Últimos preparativos dos capóns de Vilalba para telos no seu punto na feira de Nadal
Logo do sacrificio, toca desplumalos, baleiralos e presentalos coa graxa por encima, uns traballos que se fan con sumo coidado para que luzan o mellor aspecto posible o próximo día 21
Membros de varias familias de Vilalba levan toda a mañá traballando na limpeza dos capóns, que acometen por fases. Noutra nave fan o sacrificio e logo ocúpanse de desplumar e do baleirado das vísceras.
É un traballo que fan con delicadeza porque se trata de coidar o aspecto do capón ata o último momento.
Algúns destes capóns xa viaxan para os seus destinos fóra de Galicia, outros están vendidos de antemán e unha boa parte van para a feira do domingo, xunto coas aves dunha trintena de criadores.
A cita atrae todos os anos moitos visitantes que queren asegurar un manxar para a cea de Noiteboa.