Cargando resultados...
Deteñen dúas persoas en Valdeorras por agresión sexual e distribución de pornografía infantil
Un home e unha muller ingresan en prisión provisional sen fianza
G24.gal
19/12/2025 16:43
A Garda Civil detivo un home e unha muller na comarca de Valdeorras por unha presunta agresión sexual e pola tenencia e distribución de pornografía infantil.
Os arrestos producíronse o pasado luns no marco dunha operación policial de amplo alcance denominada Leno Ou.
Tras pasar a disposición xudicial, o xulgado ordenou o ingreso de ambos en prisión provisional sen fianza, á espera de xuízo.