Publicador de contidos

Publicador de contidos

O líder da rede de drogas desarticulada no Salnés tiña 22 quilos de heroína

O líder da rede de drogas desarticulada no Salnés tiña 22 quilos de heroína

O principal investigado neste operativo foi arrestado en Francia

Os outros cinco investigados quedaron en liberdade tras pasar a disposición xudicial

G24.gal 19/12/2025 16:21

O líder da rede de narcotráfico desarticulada o pasado mércores na comarca pontevedresa do Salnés estaba en posesión de 22 quilos de heroína cando foi arrestado polos investigadores.

Esta persoa, o principal investigado nesta operación liderada pola Policía Nacional, foi detida en Francia, segundo confirmou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, polo que está ao dispor das autoridades francesas.

Os outros cinco implicados, que foron arrestados en Galicia, pasaron este venres ao dispor do Tribunal de Instancia de Cambados, praza nº3.

A maxistrada decretou a posta en liberdade con cargos de todos eles.

O fiscal, segundo o TSXG, non solicitou o seu ingreso en prisión provisional.

A dous deles, con todo, a xuíza impúxolles a obrigación de comparecer no xulgado, cada quince e cada trinta días, respectivamente.

Están investigados por tráfico de drogas e pertenza a organización criminal.

No transcurso deste operativo, que está baixo secreto de sumario, os investigadores realizaron un total de catorce rexistros nos partidos xudiciais de Vilagarcía de Arousa, Cambados, Redondela, Pontevedra e Cangas.

Un dos máis rechamantes produciuse en Vilanova de Arousa, onde os axentes rexistraron un inmoble situado na Praza do Parque, no medio dunha grande expectación cidadá. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade