Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen o xerente e un empregado dun concesionario de Tui por tráfico de drogas

Deteñen o xerente e un empregado dun concesionario de Tui por tráfico de drogas

Axentes da Garda Civil atoparon nunha inspección rutineira varios botes de pintura con droga e diñeiro en efectivo

(Imaxe: Comandancia da Garda Civil de Pontevedra) (Imaxe: Comandancia da Garda Civil de Pontevedra)
G24.gal 13/03/2026 15:54

A Garda Civil detivo dous veciños de Tui, de 61 e 29 anos, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública, por tráfico de drogas, tras unha inspección nun establecemento de automoción.

O pasado 9 de marzo, segundo informou este venres o Instituto Armado, os axentes levaron a cabo unha inspección rutineira no local, onde localizaron varios botes de pintura en cuxo interior había envoltorios brancos, bolsas de envasado ao baleiro e dous paquetes co que parecía ser substancia estupefaciente, ademais dunha cantidade considerable de diñeiro en efectivo.

Tras analizar as substancias, confirmaron que se trataba de 53,92 gramos de heroína e de 16,03 gramos de cocaína.

Así mesmo, ao realizar o reconto do diñeiro comisado comprobaron que ascendía a 8.900 euros en billetes de diverso valor.

Durante a inspección tamén foi localizada unha báscula electrónica de precisión en cuxa superficie había restos de plástico branco similares aos envoltorios utilizados para a droga, o que reforzou as sospeitas dos axentes sobre a actividade ilícita, de modo que procederon á detención do xerente do establecemento e dun empregado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade