Cúmprense seis anos do inicio do confinamento pola crise sanitaria da Covid-19
O 14 de marzo de 2020 o presidente do Goberno anunciaba a declaración do estado de alarma
Foi un enorme desafío sanitario, social e económico
Tal día como hoxe, hai xusto seis anos, o Goberno declaraba o estado de alarma para loitar contra o coronavirus. Os españois quedaron confinados nos seus domicilios durante máis de noventa días. Inicialmente, só os traballadores considerados esenciais podían acudir acudir ao seu posto de traballo e había restriccións de mobilidade. A obriga de parar tamén obrigou a redefinir outro xeito de traballar e estudar: xurdiu o teletraballo, en en moitos postos chegou para quedarse, as xuntanzas por videoconferencia e as clases en liña.
Un periodo no que se viviron escenas que só imaxinabamos en películas dun futuro distópico: desabatecemento de productos nos supermercados, especialmente o papel hixíenico e a auga, medo a contaxiarnos co veciño ou coa familia, e tamén a contaxiar nós a algún ser querido de idade avanzada ou de estado de saúde delicado.
Aquel confinamento para moitos deixou unha forte pegada: a perda da dor dun ser querido, perdas económicos, empioramento da saúde mental. Pode que algúns dos que souberon lidiar con todo iso saísen fortalecidos e mesmo aprenderan a estar sós e a vivir consigo mesmos, coas súas virtudes e os seus defectos.
O confinamento tamén trouxo aplausos para os profesionais da Sanidade, que moitos xa esqueceron, solidariedade e mesmo reconversións profesionais. Desatou aficións esquecidas e amor pola cociña e a respostería.
Aquilo que parece agora un mal soño, eses meses de medos e incertezas e que tamen foron de esperanza e solidariedade, un tempo no que foi preciso aprender a vivir doutra maneira, cada quen saberá que foi o qué aprendeu ou se sinxelamente xa o esqueceu, como se nunca tivera pasado.