Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abandonan un bebé de poucos días no portal dun edificio de Sevilla

Abandonan un bebé de poucos días no portal dun edificio de Sevilla

Foi atopado por uns veciños de rúa Cráter, na barriada Madre de Dios, e foi trasladado ao Hospital Virgen del Rocío

Portal onde apareceu o bebé na barriada Madre de Dios, en Sevilla Portal onde apareceu o bebé na barriada Madre de Dios, en Sevilla
G24.gal 17/12/2025 11:11 Última actualización 17/12/2025 12:55

A Policía Nacional investiga o achado dun bebé de poucos días de vida e con posibles restos do cordón umbilical, que foi abandonado sobre as 14:00 horas do pasado luns nun portal dun edificio de Sevilla.

Segundo adiantou Diario de Sevilla e confirmaron a EFE fontes policiais, o meniño foi atopado por uns veciños de rúa Cráter, na barriada Madre de Dios.

En conferencia de prensa, Francisco Toscano, o subdelegado do Goberno sevillano, confirmou que a Policía recibiu un aviso por parte dunha veciña da barriada de Madre de Dios, “que informaba de que había un bebé moi pequeniño nun portal desta barriada”.

Mentres algúns dos veciños chamaban a emerxencias, outros compraron leite e cueiros, á espera de que fose atendido posteriormente dunha forma máis concreta.

O bebé, que aparentemente se atopaba ben, foi trasladado ao Hospital Virgen del Rocío, onde actualmente se está a seguir o protocolo habitual nestes casos, mentres se tramita o seu "desamparo provisional".

A preguntas dos xornalistas, Toscano non precisou si o bebé sofre algún problema relacionado con posibles substancias consumidas pola nai, xa que non está “ratificado medicamente”, e tampouco indicou o seu sexo nin a súa idade, aínda que apuntou do menor que “incluso sería posible que tivese o cordón”.

De forma paralela, búscase a seus pais, para o que, estre outros aspectos, están a rastrexarse os rexistros de nacementos nas últimas semanas na capital andaluza; mentres, a Policía conta cos servizos de protección de menores.

O Diario ABC de Sevilla informa da declaración dunha veciña do barrio que asegura identificar a nai do neno, que segundo o seu testemuño, abandonaríao por ser froito dunha agresión sexual. "Non o quería porque era produto dunha violación", declara Verónica a ABC, quen xa notificou a conversa que mantivo coa muller a Policía.

Verónica asegura a este medio que a nai do rapaz é unha "toxicómana do barrio" e que o parto foi no coche dun amigo, cortando ela mesma o cordón umbilical. A testemuña informa de que a muller quería entregar o bebé a "calquera familia", ao que ela lle suxeriu que o levase a un hospital.

ABC afirma que a nai do neno lle deu o seu número de teléfono á testemuña, pero esta afirma "non atopalo" por máis que o busca. 

Con respecto á familia que podería acollelo, fontes da Consellería de Igualdade, Políticas Sociais e Conciliación da Xunta de Andalucía informaron a EFE que se busca unha que poida ter "unha garda con fins de adopción", xa que podería darse o caso de que, finalmente, quedasen coa custodia de forma permanente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade