Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os maiores de 18 anos poden participar no ensaio contra o virus respiratorio sincipital

Os maiores de 18 anos poden participar no ensaio contra o virus respiratorio sincipital

Segue manténdose a prioridade para os grupos de risco

G24.gal 19/12/2025 16:57 Última actualización 19/12/2025 17:22

A Consellería de Sanidade abriu aos maiores de 18 anos o ensaio clínico Sincigal, co obxectivo de avaliar a redución dos ingresos hospitalarios en Galicia mediante a vacinación fronte ao virus respiratorio sincitial, VRS.

Na súa primeira fase o estudo dirixíase só a maiores de 60 anos, con prioridade para os grupos de risco.

Entre estes colectivos figuran os profesionais dos centros sanitarios, debido ao seu maior nivel de exposición a este virus.

Participación aberta ata o 31 de xaneiro nos centros de saúde

As unidades de participación permanecerán activas ata o próximo 31 de xaneiro en todos os centros de saúde incluídos no estudo, cunha ampla cobertura territorial.

A vacina obxecto da investigación, Abrysvo, está autorizada e comercializada.

O ensaio permite analizar a súa eficacia en condicións reais para previr hospitalizacións por infección por VRS e as complicacións asociadas.

A Dirección Xeral de Saúde Pública convida a participar nesta iniciativa que desenvolven a Consellería de Sanidade e a Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela.

Asignación aleatoria e sen seguimento presencial

As persoas participantes terán un 50 % de probabilidade de recibir a vacina ou de formar parte do grupo non vacinado.

A asignación realizarase de maneira aleatoria mediante unha plataforma informática.

No caso das persoas vacinadas, a administración poderá facerse na mesma visita ou nunha quenda posterior, segundo a súa preferencia.

Antes da vacinación comprobarase que non existan contraindicacións.

As persoas asignadas ao grupo non vacinado non terán que someterse a ningún procedemento adicional.

O estudo non require seguimento clínico presencial.

A avaliación da eficacia e da seguridade realizarase a partir da información da historia clínica, sen necesidade de novos contactos coa persoa participante.

Xornadas extraordinarias de vacinación contra a gripe

Durante esta fin de semana, a Xunta convocou máis de 73.600 persoas maiores de 60 anos para vacinarse contra a gripe en hospitais públicos.

As xornadas extraordinarias celebraranse o sábado, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, nos hospitais comarcais e principais das sete áreas sanitarias.

Nos hospitais principais, a vacinación prolongarase tamén durante a xornada do domingo, no mesmo horario.

As persoas que acudan poderán participar, se así o desexan, no ensaio clínico Sincigal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos