Publicador de contidos

Publicador de contidos

Amantes das motos de toda España reúnense na concentración de Paradela

Amantes das motos de toda España reúnense na concentración de Paradela

Leva xa vinte e catro edicións e conta con asistentes fieis, que destacan que se trata dun encontro moi familiar

 

G24.gal 21/09/2025 14:17 Última actualización 21/09/2025 15:19

Paseniñamente van chegando os participantes na concentración de Paradela. Durante anos, este encontro pechaba o calendario de reunións de motoristas. Con 24 edicións, é unha das máis antigas de Lugo.

"Empezamos sendo quince ou vinte persoas, houbo épocas nas que se xuntaron seiscentas e hoxe, inscritas, hai sobre duascentas persoas", conta Antonio López, do club Os Mouchos.

Participa xente afeccionada de toda España que goza rodando pola estrada en boa compañía. Confesan os máis veteranos que esta concentración destaca polo ambiente familiar e de camaradería. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade