Cargando resultados...
Retómase a busca do home de 73 anos desaparecido en Sada
No dispositivo participan forzas de seguridade, cans de rastrexo, familiares e voluntarios
A busca iniciouse a primeira hora da mañá na contorna do Pazo de Meirás

G24.gal
21/09/2025 09:24
Última actualización 21/09/2025 10:18
No concello coruñés de Sada, retomouse ás nove desta mañá a busca do home de 73 anos que permanece desaparecido dende este venres.
O home, que ten principios de demencia, foi visto por última vez na zona do Tarabelo.
Vestía unha camiseta de raias e pantalón vaqueiro. Tamén levaba con el o móbil.
No dispositivo de busca participan patrullas da Garda Civil dos postos de Sada, Oleiros, Cambre, efectivos do Seprona e cans de rastrexo. Os familiares e un grupo de voluntarios tamén están a colaborar.
Os traballos céntranse na zona de Carnoedo, Veigue e nos arredores do Pazo de Meirás.