Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatados os once mariñeiros dun pesqueiro que quedou á valga preto da Coruña

Rescatados os once mariñeiros dun pesqueiro que quedou á valga preto da Coruña

A tripulación abandonou o barco nunha balsa tras sufrir unha vía de auga

Salvamento Marítimo
G24.gal 21/09/2025 11:26 Última actualización 21/09/2025 12:43

Salvamento Marítimo rescatou sobre as catro da mañá os once tripulantes do pesqueiro Ray Primeiro a dez millas da costa da Coruña. Os mariñeiros abandonaran o barco nunha balsa logo de sufriren unha vía de auga que non podían controlar.

Tras emitir un sinal de socorro porque a embarcación marchaba a pique, Salvamento Marítimo mobilizou o Helimer 402, as salvamares Betelgeuse, Altair e Shaula, ademais do buque da Garda Civil Duque de Ahumada.

Logo do rescate, a tripulación foi trasladada ao aeroporto de Alvedro en aparecen bo estado de saúde. O pesqueiro quedou á valga sen ninguén a bordo, escoltado pola salvamar Betelgeuse e o buque María de Maeztu.

O centro da Coruña de Salvamento Marítimo está coordinando as operacións necesarias para tentar achicalo primeiro e despois remolcalo ata o porto.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade