Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ucraína derruba 33 drons lanzados por Rusia nun ataque nocturno

Ucraína derruba 33 drons lanzados por Rusia nun ataque nocturno

Segundo a Forza Aérea de Kíiv, rexistráronse 21 impactos en oito puntos do país

G24.gal 21/09/2025 09:48 Última actualización 21/09/2025 11:23

As defensas antiaéreas ucraínas derrubaron 33 drons lanzados por Rusia contra o territorio de Ucraína nun ataque lanzado na noite do sábado a este domingo.

"As defensas aéreas derrubaron ou inutilizaron 33 drons, Shaded, Gerber e doutros tipos, no norte, leste e centro do país", indicou a Forza Aérea de Ucraína nunha mensaxe publicada na súa conta de Telegram.

Segundo ese parte militar, rexistráronse 21 impactos en oito puntos do país nun ataque no que Rusia lanzou os seus sistemas desde Kursk, Millerovo, Briansk e Primorsko-Ajtarsk. Dun total de 54 sistemas lanzados por Rusia, uns 30 deles eran modelo Shahed, de tecnoloxía iraniana.

O ataque deste domingo prodúcese despois dunha xornada na que Rusia lanzou máis de medio milleiro de drons e 40 mísiles, nun ataque que o sábado deixou na cidade de Dnipró, no centro do país, tres mortos e 36 feridos tras un impacto de mísil nun bloque de apartamentos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade