Publicador de contidos

Publicador de contidos

A UE inmobiliza indefinidamente 210.000 millóns de activos rusos cos que quere financiar a Ucraína

A UE inmobiliza indefinidamente 210.000 millóns de activos rusos cos que quere financiar a Ucraína

Trátase dun paso clave para poder empregar estes activos na reconstrución de Ucraína, sempre que a UE logre convencer a Bélxica de que levante o seu veto

G24.gal 12/12/2025 19:47

Os países da Unión Europea aprobaron este venres a inmobilización de maneira indefinida duns 210.000 millóns de euros en activos rusos conxelados polas sancións a Moscova tras a invasión de Ucraína, o que permitirá destinalos a financiar a reconstrución do país se os Vinte e sete logran acordar esa medida.

Os embaixadores dos estados membros ante a UE acordaron este venres a proposta que abre a porta á conxelación indefinida dos activos, sen necesidade de renovar ese bloqueo cada seis meses, baseándose en poderes de emerxencia contemplados nos tratados europeos baixo o artigo 122.

Trátase dun paso clave para poder empregar estes activos na reconstrución de Ucraína, sempre que a UE logre convencer a Bélxica de que levante o seu veto a esa medida nos próximos días.

"No cume de outubro, os líderes da UE comprometéronse a manter os activos rusos inmobilizados ata que Rusia acabe a súa guerra de agresión contra Ucraína e compense polos danos causados. Hoxe cumprimos ese compromiso. Próximo paso: asegurar as necesidades financeiras de Ucraína para 2026–2027", dixo nunha mensaxe a través de redes sociais o presidente do Consello Europeo, António Costa.

A concesión de poderes de emerxencia ao Executivo comunitario neste caso foi aprobada co apoio de 25 estados membros e o voto en contra de 2, segundo fontes diplomáticas.

Esta medida retira o risco de que á hora de renovar as sancións a Rusia cada seis meses, como era necesario ata o de agora, se produzan os vetos de países como Hungría ou Eslovaquia, máis próximos a Moscova.

Esa inestabilidade impedía poñer en marcha o plan da Comisión Europea para usar os activos rusos co fin de outorgar un préstamo a Ucraína para a reconstrución do país, algo que require que estean conxelados de maneira indefinida, como xa reclamaran os xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea na súa cita do pasado outubro.

A cuestión de fondo do uso dos activos rusos para un préstamo que apoie a reconstrución de Ucraína e as súas necesidades financeiras no curto prazo chegará o vindeiro xoves á mesa dos líderes dos Vinte e sete, reunidos no seu último cume do ano.

Bélxica, o país onde se atopan a gran maioría destes activos inmobilizados, mantén o seu veto á proposta por temor a represalias de Moscova e cuestionou o uso dos poderes de emerxencia para inmobilizar indefinidamente os activos suxeitos a sancións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade