Publicador de contidos

Publicador de contidos

Starmer reúne en Londres a Zelenski, Macron e Merz para analizar o plan de paz dos EUA

Starmer reúne en Londres a Zelenski, Macron e Merz para analizar o plan de paz dos EUA

Os líderes do E3 abordan unha proposta que busca unha paz duradeira en Ucraína

O primeiro ministro británico dixo que non ía meterlle presión a Kíiv para aceptar o documento

ADRIAN DENNIS. Pool via REUTERS
G24.gal 08/12/2025 17:38 Última actualización 08/12/2025 19:20

O primeiro ministro británico, Keir Starmer, reuniu este luns en Londres o presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, o presidente francés, Emmanuel Macron, e o chanceler alemán, Friedrich Merz, para analizar o plan de paz que os Estados Unidos propoñen para poñer fin á guerra en Ucraína.

Merz chegou primeiro ao 10 de Downing Street, seguido de Macron e Zelenski. O Goberno británico explicou que os líderes querían dispor de tempo privado para revisar a proposta elaborada por Washington.

O formato E3 reforza o apoio a Ucraína fronte á invasión rusa

O Reino Unido, Francia e Alemaña integran o formato coñecido como E3, creado para apoiar Ucraína na súa defensa. Segundo fontes alemás, a reunión céntrase en manter un impulso diplomático que garanta unha paz sólida, duradeira e respectuosa coa integridade territorial ucraína.

O novo documento dos EUA parte de varias conversas entre funcionarios ucraínos e estadounidenses celebradas a semana pasada en Florida. Antes da reunión de Londres, Starmer afirmou que non metería presión Zelenski para aceptar a proposta e destacou que o esencial é garantir un cesamento de hostilidades xusto e duradeiro.

O domingo pola noite, o presidente estadounidense, Donald Trump, asegurou que os negociadores ucraínos valoran o plan, aínda que expresou certa decepción porque Zelenski aínda non revisara a proposta.

Zelenski respondeu que recibe a información dos seus negociadores e lembrou que algunhas cuestións só poden tratarse en persoa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade