Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump arremete de novo contra España: "Non está a cooperar en absoluto"

Trump arremete de novo contra España: "Non está a cooperar en absoluto"

"Non están a cooperar, están a ser moi malos, poida que cortemos o comercio", indicou

Afirma que destruiron case todos os barcos de minas de Irán no estreito de Ormuz nunha noite: "Practicamente toda a súa Armada desapareceu", insistiu

REUTERS/Brian Snyder REUTERS/Brian Snyder
G24.gal 11/03/2026 17:54 Última actualización 11/03/2026 18:09

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, acusou este mércores a España de "non cooperar en absoluto" na guerra contra Irán, criticou ao Goberno español e volveu reiterar as súas ameazas de cortar o comercio con Madrid.

"Non están a cooperar, están a ser moi malos, poida que cortemos o comercio", indicou o mandatario norteamericano en declaracións á prensa á saída da Casa Branca.

Seguindo a liña de hai unha semana, cando cargou contra España por ser un aliado "terrible", Trump recoñeceu que non sabe "que está a facer España". "Foron moi malos coa OTAN. Reciben protección e non queren pagar o que lles corresponde", sinalou.

O dirixente apuntou que España leva así "moito anos". "O pobo español é fantástico. Os líderes, non tan bos", lamentou nun novo ataque ao Executivo de Pedro Sánchez pola falta de compromiso co gasto militar.

O mandatario insistiu en que o Goberno de Pedro Sánchez "portouse moi mal coa OTAN" por non comprometer un 5 % do seu PIB en gastos de defensa, como o resto dos Estados membros da Alianza Atlántica. "Están protexidos, pero non queren pagar o seu parte xusta", agregou.
A semana pasada cargou contra España por non permitir o uso das bases de Rota e Morón para os ataques para Irán.

Barcos con minas

Trump, asegurou este mércores que os EUA destruiron "nunha soa noite" case todos os buques iranianos encargados de colocar minas no estreito de Ormuz, e afirmou que practicamente toda a súa Armada foi destruída desde o comezo da ofensiva contra Teherán.

"Desmantelamos case todos os seus barcos minadores nunha noite", declarou Trump á prensa, suxerindo que ata 60 buques iranianos foran alcanzados. "Practicamente toda a súa Armada desapareceu", insistiu.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade