Filipe VI reúnese con María Corina Machado
Coincidiron na toma de posesión do novo presidente Kast en Chile
Filipe VI aproveitou para reunirse con outros mandatarios de países americanos
(Europa Press)
O rei Filipe VI mantivo un encontro coa líder opositora venezolana María Corina Machado aproveitando que ambos se atopan en Chile para asistir á toma de posesión do novo presidente José Antonio Kast.
Fontes de Exteriores sinalaron a Europa Press que o encontro "produciuse a pedimento de María Corina Machado" e "de acordo co Ministerio de Exteriores", sen entrar en máis detalles sobre o falado durante o mesmo.
O rei aproveitou durante a súa estancia para manter senllos encontros tanto con Kast como co presidente saínte, Gabriel Boric, e tamén se reuniu co novo presidente de Honduras, Nasry Asfura, e co de Ecuador, Daniel Noboa, segundo informou a Zarzuela.