O BNG pídelle a acta ao concelleiro de Moraña Rubén Fernández acusado de violencia machista
A formación nacionalista tamén acordou suspendelo de militancia
A Executiva Nacional reuniuse un día despois de coñecer os feitos
A Executiva Nacional do BNG decidiu na súa xuntanza do 15 de decembro a expulsión do concelleiro de Moraña Rubén Fernández Monteagudo, por causa dunha acusación de violencia machista da que se tivo coñecemento ou día anterior, domingo 14 de decembro.
Desde a formación apuntan que Rubén Fernández non tiña ningún cargo nin responsabilidade política dentro da organización. O BNG expresou ademais o "rotundo apoio" á vítima. A decisión tómase a pesar de non recibir denuncia formal a través da canle interna habilitada pola organización. A denuncia foi comunicada por unha persoa do círculo persoal da vítima.
O BNG informa de que conta cun protocolo contra as violencias machistas en vigor desde 2021, a través do cal calquera militante pode presentar unha denuncia, protocolo que está á disposición publica na portada da web da organización, que foi remitida por correo a toda a militancia.
